- Tendes que buscar no cadro sinónimos (as palabras que significan o mesmo) que as que están en negriña nas frases.
- Douvos dúas opcións para facer o exercicio elixide só 1 forma de facelo, a que prefirades 😊:
- Podedes facelo tal e como está no exemplo:
- Valiant is another word for brave.
- is another word for .
- Podedes escribir a frase completa substituíndo a palabra sinalada pola palabra que significa o mesmo:
- The valiant knight grabbed his sword and charged the fire-breathing dragon.
- The brave knight grabbed his sword and charged the fire-breathing dragon.
- O que non quero e que ninguén me poña só a palabra debaixo da frase.
- Se non coñecedes o significado das palabras búscadeo no diccionario (https://www.wordreference.com/es/) ou escribídeme ao blog.
- Se non entendedes o que hai que facer ou vos fai falta que vos explique algo escribídeme ao blog.
- Verbos irregulares que aparecen na ficha:
- A semana que ben dareivos unha lista dos verbos chamados irregulares, que non fan o pasado engadindo -ed senon dunha forma distinta. Nas frases aparecen algúns como:
- Told, pasado de tell = dicir contar.
- Went, pasado de go=ir
- Fought, pasado de fight= loitar.
- Thought, pasado de think= pensar.
- Spent, pasado de spend=gastar.
- Wouldn't buy= non compraría
- Whenever = cada vez que
Agora vouvos poñer o que nos queda do past simple. A negativa e a interrogativa. Como sempre póñovos unha explicación longa en PDF:
EXPLICACIÓN PAST SIMPLE NEGATIVE
EXPLICACIÓN PAST SIMPLE INTERROGATIVE
Tamén vos poño unha ficha para prácticar, é voluntaria, pero recoméndovos que a fagades para ir prácticando o pasado dos verbos. Na ficha aparece tamén aparece un resumo das normas para formar a negativa e a interrogativa. En cada exercicio púxenvos un exemplo do que tendes que facer.
Con que fagades os dous primeiros exercicios basta se o exercicio C, vos parece moi difícil deixádeo sen facer, non pasa nada, pero recoméndovos que o intentedes.
Escríbideme e dicídeme se tendes algunha dificultade e se podo axúdovos.
Se algo sae mal non pasa nada, a cuestión é prácticar e ir aprendendo pouquiño a pouco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario