FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 1, 2, 3,...




 Estimadas familias:


Ola, agardo que todos estén ben. De cara ás semanas que quedan gustaríame facerlles dúas peticións:
  • A primeira que, por favor, aquelas persoas que aínda non se puxeran en contacto con nos a través do correo electrónico inglesoutes@gmail.com. intenten facelo. No correo debería ir incluído o nome do alumno/a e o curso no que está para que as dúas profesoras que estamos levando o blog e o correo seipamos de quen se trata.
  • A segunda é que, na medida do posible, traten de enviarnos de vez en cando algunhas das tarefas que o alumnado vaia realizando co obxecto de levar a cabo un seguimento da súa actividade durante estes días. Poden facelo escaneando as fichas ou sacándolles unha foto co telefono móvil e enviandoas ao correo electrónico.
No caso de haber haber algunha razón que lles impida poñerse en contacto ou ter acceso ás tarefas, por favor, tamén lles agradeceríamos que intentaran notificarnolo. 

Se de todos modos non é posible por calquera que sexa a razón, agradezolles de todos modos o esforzo que se está a levar a cabo e lles prego que non se preocupen, non hai ningún problema ninguén esperaba esta situación. É de agradecer o esforzo que están a facer e cada un debe actuar na medida das súas posibilidades tendo en conta que a saúde é o primeiro.
Moitas grazas pola súa atención. Moito ánimo.

María.

Ola, o meu nome é María, estou sustituíndo a Eva, a profesora de inglés.

Creei esta páxina para que todo o contido de cada curso estivera nun mesmo lugar.

Gustaríame aclarar certos puntos sobre o contido:
  1. Cada semana estou colgando un bloque de 3 ou 4 fichas de repaso, que eu considero adecuadas á idade do alumnado en función do que aprofesora titular me indicou que se estaba impartindo na clase.
  2. Tamén se están colgando unha serie de enlaces e vídeos de interese ao longo dos días recollidos na páxina ENLACES E VÍDEOS DE INTERESE COMÚN PARA PRÁCTICAR E REPASAR.
  3. Tendo en conta que non son a profesora habitual dos rapaces/as, se nalgún momento colgo unha ficha que lles resulta demasiado complicada, gustaríame que mo indicaran a través do correo electrónico inglesoutes@gmail.com. para que a cambie por outra.
  4. Non hai que facer ningunha ficha que non este na actualidade en algúns dos bloques publicados ou que desapareza deles.
  5. Cando queiran que lles corrixa as fichas envíenmas ao correo electrónico.
  6.  Calquera dúbida que yes xurda tanto a alumnado como a familias, poden consultarma no correo electrónico
  7. Vistas as dúbidas sobre os vídeos para Primeiro vou a proceder a colgar todos tamén nesta páxina agrupados por temáticas. 
  8. Na páxina FESTIVITIES AND EVENTS, podedes ver todos os vídeos e actividades  relacionados coas diferentes festividades. Tanto estos como os que qe colguen nun futuro relacionados con esta temática son adecuados e interesantes para todas as idades. 
  9. Enlace á Learning Zone dos libros de texto: https://elt.oup.com/student/oupeprimary/?cc=global&selLanguage=en&elqTrackId=6e1edd8b85644b2b827d03facc507a90> Para máis información sobre os recomendados para cada idade vaian á páxina do blog RECOMENDACIÓNS.
FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 1

FICHAS DE INGLÉS PARA PRIMERO DE PRIMARIA 2

FICHAS DE INGLÉS PARA PRIMERO DE PRIMARIA 3

FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 4

FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 5

FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 6

FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 7

 FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 8

FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 9

FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 10

FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 11

FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 12

Ola, esta semana, como coíncide co final de curso, non vou poñer fichas novas. So vou deixar abaixo algúns videos para que aprendades algún vocabulario sobre o verán. Tamén o enlace a unha serie de vídeos, debuxos para pintar e xogos sobre o verán que colocamos para todos na páxina principal.

Quero agradecer a todas as familias a súa axuda, colaboración e esforzo durante estes días, que non foron nada fáciles.

Tamén quero agradecer a tódolos rapaces e rapazas o seu gran traballo, sodes todos uns campeóns e campeonas. Agora chega o verán e é o momento de disfrutar do verán e tomarvos un merecido descanso. Na paxina principal tendes varios vídeos, debuxos, xogos e actividades, se queredes facelos 😊.

UNHA APERTA ENORME A TODOS. Aínda que sexa a distanza.

DISFRUTADE:

WELLCOME SUMMER!!!

Sing the songs:





Listen and repeat:





VÍDEOS

 SCHOOL SUPPLIES

 Vocabulary:



Song:





WEATHER 

Vocabulary



Songs



 SEASONS

Vocabulary:


CLOTHES


WETHER, CLOTHES AND IMPERATIVE SENTENCE

Easy dialogue



Song

HOBBIES AND INTERESTS

Vocabulary.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

WELCOME SUMMER!!!

WELCOME SUMMER!! Listen and repeat. Beach and Holidays LISTEN AND SING Holidays ...