MIRADE QUE FIXEN!!


Ola chicos/as  e familias!
Nesta nova páxina, imos ir poñendo   esas propostas  tipo manualidades, (xogos, marcapáxinas....) que tan ben vos quedaron. Por iso,  ímolas compartir, para que todos/as  as poidades ver. 
Xa sabedes, podedes mandar as fotos desas propostas 
 para compartilas aquí!
Veña, animádevos!!


Mirade que cousas tan chulas fixestes: 

Chéganos por aquí unha actividade   relacionada co  verán. Carlos , de 3º elaborou estes  tres marcapáxinas, que podedes atopar na páxina principal deste blog.  Conteñen vocabulario relaciondo coas vacacións de verán.  
 Quedáronche  moi chulos, Carlos!!👏




Rocío de 6º fixo este precioso debuxo para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, cunha mensaxe que tod@s deberíamos ter en conta.



O artista Sergio, de 1º enviounos un bonito debuxo para a celebración do día Mundial do Medio Ambiente.



Lucía de 5º enviounos este debuxo na celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, para concienciarnos da importancia de coidar dos océanos. A que lle quedou xenial.



Cayetano de 4º, levou a cabo a proposta do Cootie Catcher (Comecocos), para repasar as horas.  Seguro que o pasa en grande xogado con él!😉

E coa mesma actividade se animou Pablo Gandarela, tamén de 4º.  Moi ben,así me gusta!😃





Carlos  de 3º, fixo este comecocos,  co cal   repasamos os  deportes  e habilidades.




....E tamén se animou con este xogo de  mesa, mirade mirade!😊




Moitas grazas! Esperamos que o disfrutedes moito

Pero non é todo...  Carlos  móstranos  o  ben que lle  quedou o seu dado dos sentimentos e emocións. Quedou xenial!😀



Nesta ocasión é Daniel de 3º, quen comparte con todos/as   o seu dado das emocións.  Verdade que lle quedou moi ben? Claro que si!!😀



Sei eu de boa tinta, que Pedro de 3º e a súa mamá se divertiron moito co xogo dos nomes, que por certo...gañou Pedro!! Tamén fixo o dado dos sentimentos e emocións para repasar vocabulario.😀








Daila , de 2º, fixo este debuxo tan bonito, dándonos moito ánimo a todos.



Daila tamén  fixo a proposta do dado das partes da casa, e por certo, que lle quedou  de marabilla!!😊.






Aquí temos as Weather  wheels  (rodas do tempo) de Daniela de 2º. Verdade que lle quedaron xenial?? A nós encántannos!😀


Para repasar as partes da casa, Daniela animòuse a facer  esta proposta... E o resultado é perfecto! Moitas grazas.

...E seguimos en 2º con Andrea Muñiz, que nos presenta o seu dado da casa. Mirade que bonito lle quedou!!😊





Mirade que bonita a Weather Wheel de Carla, tamén de 2º. Quedou moi ben!!😀



 

Desta vez, Carla  comparte con nós  o seu dado  coas partes da casa. Moi bonito Carla!😊








Xiana de 4º, tamén quere compartir con todos vós  un xogo  de mesa  para repasar o nome das  asignaturas. 

Mirade que ben  lle está quedando!😊








Temos por aquí a Xián de 3º, xogando coa sua mamá. Mirade que ben o pasan....😀



               






...E  díxome  a  min  un paxariño.... que Gabriela de  3º, o  pasa xenial  con súa irmán ,practicando inglés co xogo  dos nomes . Así me gusta!!😀





E seguro que desfrutan moito coa proposta do  dado das emocións, posto que Gabriela, se atreveu  a montalo.  Verdade  que lle quedou moi ben?😊




Dende a clase de 5 anos,  chéganos  esta preciosidade ,  realizada por Lola Dosil, para  repasar as cores.  Encántanos!!!😊


E seguimos con outra  Weather Wheel. Desta vez é Manuel Outón de 2º, quen comparte con nós a súa creación.  Mirade  que bonita lle quedou. Moi ben!!!😀


Agora achéganos o dado das partes da casa.  Pero qué ben o pasa Manuel!!😀




Andrea  Creo de 2º,  está feita toda unha artista!! Mirade que ideou para as súas Weather Wheels... Quedaron xenial!!😊




Por aquí temos outra obra de arte , que tamén chega dunha clase  de 2º. Mirade o bonita que  lle quedou  a Brais  a súa Weather Wheel.😀

Menudos artistas temos  nas aulas de  2º!




Brais comparte  agora con nós o dado co que repasamos as partes da casa. Xenial!!😉





 Mirade que preciosas   quedaron as  Weather Wheels de  Gabriela! O curso xa o imaxinades, verdade?  Pois claro que sí, de 2º tamén! 😊



Por aquí  temos outro modelo moi bonito e  orixinal...  a Weather Wheel que nos envía Antía , de 2º.   Bo traballo, moi ben !! 😊



Noraboa a todos eles!!!!😊😊











No hay comentarios:

Publicar un comentario

WELCOME SUMMER!!!

WELCOME SUMMER!! Listen and repeat. Beach and Holidays LISTEN AND SING Holidays ...