domingo, 31 de mayo de 2020

FICHAS DE INGLÉS PARA 6º DE PRIMARIA 11

Clasifica os seguintes adxectivos. Lembrade, se non sabedes algún escríbídeme ou mirádeo no diccionario: https://www.wordreference.com/es/



Para seguir co pasado simple imos falar un pouquiño dos verbos irregulares. Son verbos que non forman o pasado engadindo -ed, senón que o forman cunha palabra totalmente distinta.

Este ano non imos traballar máis que o verbo To be, pero sí quero que os vexades, porque nos próximos cursos, si ides ter que traballar con eles. Deixovos aquí unha lista. Non a vades a aprender porque non hai tempo, pero deixovola para que a vexades.

O que si imos traballar un pouco é o pasado do verbo to be. Ides facer estas dúas fichas para prácticar.










FICHAS DE INGLÉS PARA 5º DE PRIMARIA 11

Imos seguir prácticando o present simple, lembrade as normas que vos din estes días:



Agora imos repasar un pouco de vocabulario de animais con esta wordsearch. SE NON SABEDES ALGÚN ESCRÍBIDEME E PREGUNTÁDEME E SE NON BUSCADE NO DICCIONARIO: https://www.wordreference.com/es/

Se non os atopades na sopa de letras non pasa nada vos intentadeo se non atopades todos da igual o importante é que saibades os nomes.





FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 11

Imos seguir falando de froita esta semana. Idesme dicir que froita vos gusta e que froita non vos gusta.

I like = me gusta.

I don't like = non me gusta.

Agora imos unir o nome das froitas, bebidas e comidas co debuxo que lles corresponde.
Sabedes diferenciar froitas de vexetais? Eu creo que sí, imos facer un wordsearch e un crossword sobre froitas e vexetais.

Aquí vos deixo un picture dictionary por se non lembrades algúns dos nomes.


Como sempre aquí tendes algúns vídeos para prácticar a pronunciación.

Listen and repeat.






Now sing the song.









domingo, 24 de mayo de 2020

FICHAS DE INGLÉS PARA 6º DE PRIMARIA 10

Comezaremos falando dos adxectivos para describir a personalidade:

  • Tendes que buscar no cadro sinónimos (as palabras que significan o mesmo) que as que están en negriña nas frases.
  • Douvos dúas opcións para facer o exercicio elixide só 1 forma de facelo, a que prefirades 😊:
    • Podedes facelo tal e como está no exemplo:
      •  Valiant is another word for brave.
      •              is another word for          .
    • Podedes escribir a frase completa substituíndo a palabra sinalada pola palabra que significa o mesmo:
      • The valiant knight grabbed his sword and charged the fire-breathing dragon.
      • The brave knight grabbed his sword and charged the fire-breathing dragon.
  • O que non quero e que ninguén me poña só a palabra debaixo da frase.
  • Se non entendedes o que hai que facer ou vos fai falta que vos explique algo escribídeme ao blog.
Algunhas pequenas aclaracións sobre as frases interesantes aínda que non estrictamente necesarias para resolver a tarefa:
  • Verbos irregulares que aparecen na ficha:
    • A semana que ben dareivos unha lista dos verbos chamados irregulares, que non fan o pasado engadindo -ed senon dunha forma distinta. Nas frases aparecen algúns como:
      • Told, pasado de tell = dicir contar.
      • Went, pasado de go=ir
      • Fought, pasado de fight= loitar.
      • Thought, pasado de think= pensar.
      • Spent, pasado de spend=gastar.
  • Wouldn't buy= non compraría
  • Whenever = cada vez que

Agora vouvos poñer o que nos queda do past simple. A negativa e a interrogativa. Como sempre póñovos unha explicación longa en PDF:

EXPLICACIÓN PAST SIMPLE NEGATIVE
EXPLICACIÓN PAST SIMPLE INTERROGATIVE

Tamén vos poño unha ficha para prácticar, é voluntaria, pero recoméndovos que a fagades para ir prácticando o pasado dos verbos. Na ficha aparece tamén aparece un resumo das normas para formar a negativa e a interrogativa. En cada exercicio púxenvos un exemplo do que tendes que facer.


Con que fagades os dous primeiros exercicios basta se o exercicio C, vos parece moi difícil deixádeo sen facer, non pasa nada, pero recoméndovos que o intentedes.

Escríbideme e dicídeme se tendes algunha dificultade e se podo axúdovos.

Se algo sae mal non pasa nada, a cuestión é prácticar e ir aprendendo pouquiño a pouco. 








 

FICHAS DE INGLÉS PARA 5º DE PRIMARIA 10

Imos comezar coa forma interrogativa do presente simple, deixovos aquí unha explicación longa en PDF:

PRESENT SIMPLE INTERROGATIVE 

Agora facede esta ficha para prácticar:

Por último gustaríame que fixesedes un pequeno texto:


Cando digo texto, refírome, neste caso, e só neste caso, a:

  • Tendes que escribir, polo menos 2 FRASES COMPLETAS dando razóns polas que vos gusta máis unha que outra ou pola que vos gusta unha cousa sí e outra non.

    • Exemplos:
      • I like pizza because it is tasty. (Gústame a pizza porque e saborosa).
      • I don't like hamburger because I am vegetarian. (Non me gusta a hamburguesa porque son vexetariano).
    • Non teñen porque ser razóns reais, poden ser inventadas.
    • Non tendes porque escribir máis de 2 razóns, pero se a alguén se lle ocorren máis pode escribir as que queira 😉.
  • Se non vos gusta ningunha das dúas:
    • Tachade I like e escribide:  I don't like any of them. (Non me gusta ningunha das dúas.)
    • E despois escríbides 2 razóns polas que non vos gustan.

  •  As frases estarán en presente simple afirmativo ou negativo, así que revisade as explicacións que vos din estes días antes de escribir. 
 Se non coñecedes alguha palabra ou non estades seguros de como se di algo escríbideme ao blog ou ao correo e preguntádeme.




 

FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 10

Para empezar ios coñecer o nome dalgunhas froitas en inglés:

Agora imos practicar a escribir os nomes de froitas e animais e as súas cores:






Por último faremos un wordsearch sobre froitas:


 Aquí tendes algúns vídeos para prácticar os nomes das froitas:



A quen lle guste colorear, aquí ten estas froitas, divertídevos.









jueves, 21 de mayo de 2020

Fruit Riddles


Fruit Riddles.(Adiviñanzas de froitas).  Look, listen  and  say the answer. It´s very easy.










domingo, 17 de mayo de 2020

FICHAS DE INGLÉS PARA 6º DE PRIMARIA 9

Imos traballar vocabulario relacionado con traballos e profesións. Se non coñecedes algunha palabra escribideme para preguntar ou buscadea no diccionario: https://www.wordreference.com/es/

Imos seguir prácticando o past simple. Lembrade a explicación da semana pasada. Recomendovos que fagades a ficha, porque é moi sinxela e vos vai vir moi ben para prácticar. Moito animo.

O exercicio "Odd man out." non o fagades, porque algunhas das palabras que aparecen non as dimos e podedes armarvos un lío.




FICHAS DE INGLÉS PARA 5º DE PRIMARIA 9

Imos seguir co PRESENT SIMPLE.

Lembrade as explicacións da semana pasada, porque ides ter que telas en conta. Esta semana, vou engadir a explicación da forma NEGATIVA. E algúns exercicios para prácticar.

EXPLICACIÓN PRESENT SIMPLE NEGATIVE

Tamén imos practicar un pouco vocabulario sobre hobbies e aficións.


FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 9

Esta semana imos falar de roupa.

Aquí tendes un picture dictionary para coñecer algunhas das palabras:



 Comecemos por un wordsearch sobre as prendas de roupa.



Agora tendes que pintar as prendas da ficha da cor que queirades e facer frases dicindo de que cor son:



Colorea as prendas de roupa segundo che mandan nas frases.

OLLO: as sandalias da rapaza non levan a cor, tes que dicila tí.



Aquí vos poño este vídeo que xa puxera hai un tempo para que lembredes e repitades as palabras:

Na páxina principal (FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 1,2,3,...) tendes máis vídeos relacionados coas prendas de roupa para repasar.

domingo, 10 de mayo de 2020

FICHAS DE INGLÉS PARA 5º DE PRIMARIA 8

Comezamos con unha ficha de vocabulario, un wordsearch sobre os edificios da cidade:



Ata o de agora estivemos traballando co verbo TO BE. Imos intentar agora facer exercicios co presente simple doutros verbos e o uso da s na 3ª persoa de singular.

Aquí tendes 2 enlaces a explicacións:

EXPLICACIÓN PRESENTE SIMPLE FORMA AFIRMATIVA

EXPLICACIÓN 3ª PERSOA DE SINGULAR




FICHAS DE INGLÉS PARA 6º DE PRIMARIA 8


Comezamos cunha ficha  sobre os adxectivos para describir a personalidade da xente. Se non sabedes algunha palabra escríbideme para preguntar, ou buscádea no diccionario. Vale que busquedes en diccionario de papel se o tendes ou nun diccionario online, por exemplo: https://www.wordreference.com/es/


Como xa levamos bastante tempo co present simple imos tratar de introducir un novo tempo verbal, o past simple. Imos ir pouquiño a pouco, de momento, só vos mando a explicación da formación do pasado en positivo e tendes que facer unha ficha.

Se tendes erros non pasa nada, é normal, o caso é intentalo e ir prácticando un pouco.

Esta actividade, vai ser VOLUNTARIA. Pero recoméndovos que a fagades, porque o PAST SIMPLE forma parte do que teriades que estudiar durante este curso en circunstancias normais. Ademais, vindeiros cursos ides ter que saber empregar este tempo verbal e é interesante que vaiades prácticando para que non vos veña todo o traballo xunto despois.

Aquí vos deixo unha explicación:

EXPLICACIÓN PAST SIMPLE (FORMA AFIRMATIVA)



FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 8

Imos comezar por 1 ficha en PDF que vos vou enlazar abaixo.

How many farm animals?


Colorea os debuxos do picture dictionary.








Escribe os nomes dos xoguetes.

Aquí tendes un vídeos de vocabulario para aprender como se pronuncia o nome dalgúns xoguetes escoitade é repetide:




Intentade agora cantar a canción dos xoguetes:



lunes, 4 de mayo de 2020

FICHAS DE INGLÉS PARA 6º DE PRIMARIA 7



Antes que nada aquí tendes, como vos dixen hai unhas semanas un cadro simple para lembrar como se formaban os comparativos e superlativos:

Inclúo unha explicación en PDF:
 
EXPLICACIÓN COMPARATIVOS Y SUPERLATIVOS
COMPARATIVOS E SUPERLATIVOS IRREGULARES. COMPLEMENTO Á ANTERIOR EXPLICACIÓN

O de abaixo é un resumo desta explicación:

OLLO:
  • Os adxectivos de máis de  3 sílabas acabados en -y non engaden -er/-est, usan more e most.
  • Os adxectivos de 1 sílaba acabados en vocal + consoante (big, sad,...) dobran a última consoante (bigger, sadder).
  • Os comparativos sempre levan a palabra than ao final. 
    • Juan is older than Sara.
    • Your dress is more beautiful than mine.
  • Os superlativos sempre levan a palabra the ao principio.
    •  My brother is the best student in the class.
    • It is the most boring place in the world.




ACTIVIDADES:

Esta semana comezaremos cunhas actividades de listening. Vede o vídeo de arriba e facede as actividades da ficha en PDF que atoparedes na páxina. OLLO, NON FAGADES TRAMPAS MIRANDO AS RESPOSTAS.

learnenglishkids.britishcouncil.org/songs/record-breakers

Esta e todas as actividades con vídeo son voluntarias. Aquel alumnado que non poida ver o vídeo por problemas coa conexión, que me avise no correo.

Seguimos de momento co presente simple:



FICHAS DE INGLÉS PARA 5º DE PRIMARIA 7


Esta semana imos comezar cunha actividade de listening. Tedes clicar na páxina de abaixo, ver o vídeo e facer as actividades en PDF que aparecen para descargar debaixo (e se queredes, as partes da páxina onde pon preparation e game tamén). OLLO, NON FAGADES TRAMPAS NON MIREDES AS RESPOSTAS.

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/es/short-stories/one-moment-around-the-world

Esta e todas as actividades con vídeo son voluntarias. Aquel alumnado que non poida ver o vídeo por problemas coa conexión, que me avise no correo.

FICHAS DE INGLÉS PARA 1º DE PRIMARIA 7



Esta semana imos facer unhas actividades de listening. Entrade na páxina enlazada abaixo, vede o vídeo e facede as actividades da ficha de PDF (e a preparation e o game da páxina tamén se queredes). OLLO, NON FAGADES TRAMPAS, NON MIREDES AS RESPOSTAS.


Esta e todas as actividades con vídeo son voluntarias. Aquel alumnado que non poida ver o vídeo por problemas coa conexión, que me avise no correo.

Ao mellor a de ordenar as frases é un pouquiño difícil. Se a sabedes facer ben, se non, deixádea, non pasa nada.




WELCOME SUMMER!!!

WELCOME SUMMER!! Listen and repeat. Beach and Holidays LISTEN AND SING Holidays ...